Limpeza Simultánea de Ríos – Proxecto Ríos – ADEGA
A crecente sensibilización da cidadanía fronte á degradación ambiental ten levado a moitas persoas e entidades a organizar limpezas de río. Malia que xa case ninguén contempla o río como un vertedoiro, aínda queda moito lixo neles.
En ocasións, os refugallos tirados ao río non representan un perigo para o ecosistema, pero si supoñen un impacto visual negativo (papeis, plásticos, madeiras, etc.). Noutras ocasións, os materiais depositados poden supoñer unha fonte de contaminación, debido ás sustancias que as compoñen (pilas, aceites de coche, baterías, produtos fitosanitarios, etc.) ou ben porque poden provocar alteracións en certos organismos (vidro, chatarra, etc.).
Podes descargar o Protocolo de Limpeza nesta ligazón: